VIAXES IMSERSO 2017
O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que o Instituto de Migracións e Servizos Sociais (IMSERSO), abriu o prazo de inscrición para reserva de viaxes destinados a Terceira Idade. Todos os interesados deberán presentar unha solicitude de vacacións 3º idade no departamento de Servizos sociais do Concello, antes do 5 de XUÑO.

Os requisitos para acceder a este viaxe son: 1. Ser pensionista de xubilación do Sistema Público Español de Pensións. 2. Ser pensionista de viudedade e ter 55 anos cumpridos. 3. Pensionistas por outros conceptos, ou perceptor de prestacións ou subsidios de desempleo, en todos os casos, con 60 anos cumpridos. 4. Ser titular ou beneficiario do sistema de Seguridade Social con 65 anos cumpridos. 
Poderán participar o conxuxe ou parella de feito sen necesidade de que reúna os requisitos da idade ou da pensión. Os destinos das viaxes son os seguintes:
ZONA COSTERA PENINSULAR: Andalucía, Cataluña, Comunidad Valenciana e Murcia 
ZONA COSTERA INSULAR: Canarias e Illas Baleares 
TURISMO INTERIOR: Coas seguintes actividades. • Circuitos Culturais • Turismo de Natureza • Viaxes a Capitais de Provincia • Viaxes ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla. 
Unha vez concedida a praza polo IMSERSO o interesado xestionará a praza ca axencia de viaxes correspondente. Para máis información contacte cos servizos sociais deste Concello. Teléfono 986760001. ext.2 

TOKAPP

TOKAPP
          
O Concello de Cerdedo-Cotobade comunica que a partir de agora enviará a información (avisos, notificacións) a través de esta plataforma. Suscríbete a través da web do concello.
Entra na tenda App Store, Google Play ou Windows Phone Store do teu teléfono.

Busca a aplicación de TokApp e descárgaa. Abre a aplicación, selecciona o teu país e valida o teléfono ou o enderezo electrónico que facilitaches no centro ao inicio do curso.

Máis información en http://www.tokappschool.com/Ayuda

Para calquera dúbida ou consulta, podes contactar con Soporte

Técnico de TokApp School no 917 372 901.

Escribe o nome de usuario e contrasinal que queiras utilizar

 

 

https://www.tokappschool.com/suscripcion/928200

 

Para enlace gallego https://www.tokappschool.com/suscripcion/928200/gl

 


Feira de Cuspedriños

Admitidas todas as solicitudes para participar na Feira de Cuspedriños 2017
 

Listado

 
 Plano

Campalledo 2017

Campalledo 2017

Campalledo 2017

 

Campamento con pernocta que se levará a cabo no CEIP de Carballedo.

1ª QUENDA: rapaces de 7 a 11 anos

DATAS: do 09 ao 15 de xullo

Prazas: 10 para rapaces de fora do concello (custe: 80,00 €)

16 para rapaces do concello (custe 60,00€)

 

2ªQUENDA: rapaces de 12 anos en diante

 

DATAS: do 16 ao 22 de xullo

Prazas: 10 para rapaces de fora do concello (custe: 80,00 €)

16 para rapaces do concello (custe 60,00€)

Inscricición a partir do 03 de maio ata o 16 de xuño, a selección farase por sorteo.

Habera un descontó do 30% a aplicar no prezo do segunto irmán

10% de desconto posuidores do carne xove.

 

Cando non se cubran as prazas para rapaces nunha categoría estas sumaranse a outra.

 Ficha

Mais Información

OMIX

Sede  carballedo 986760001 ext.3 

 


Limpeza de fincas, prevención de Incendios Forestais

Limpeza de fincas, prevención de Incendios Forestais
27.04.2017  Bando

Resultados Selección Traballadores Plan Concellos 2017

Resultados Selección Traballadores Plan Concellos 2017
10.04.2017 Resultados

             

O Concello de Cerdedo-Cotobade en colaboración coas Asociacións de Xubilados de San Pedro de Tenorio e Viascón organiza unha Excursión a Noia e as Minas de San Fins o 20 de Maio.

 

O pobo Noia, "a pequena Compostela”, está situado o pie da ría que comparte con Muros e na desembocadura do río Tambre. O seu casco antigo é un dos seus principais atractivos, no en vano alberga unha das feiras medievais máis importantes de Galicia. Pasearemos polas suas rúas empedradas e visitaremos a igrexa de Santa María A Nova e visitaremos tamén as Minas de Sanfins. Facendo un descando para comer no Restaurante-Hotel O Trapeiro.

As paradas de recollida son en Carballedo no Concello ás 8.30 horas, en Tenorio no Centro de Saúde ás 9.00 horas e en Viascón no bar Manolo entorno ás 9.30 horas.

CUOTA DE INSCRIPCION: 17 EUROS

 

LUGAR E DATA DE INSCRIPCIÓN: A inscripción realizarase no Club de Xubilados de Tenorio, de Viascón ou nos Servizos Socias do Concello ata o 15 de maio.


O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que a Consellería de Traballo e Benestar abriu o prazo para a presentación de solicitudes de AXUDAS  A FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS.          
REQUISITOS DE ACCESO:
1.- Residir na Comunidade Autónoma galega.
2.- Que os fillos/as teñan menos de tres anos, é decir nacidos entre o 02.01.2014 e o 01.01.2017 incluidos.
3.- Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante.
4.- Que ningún dos membros da unidade familiar estiveran obrigados a presenta-la declaración da renda, nin a tiñan presentado de xeito voluntario.         
O prazo para a presentación das solicitudes remata o 16 de maio do 2017. 
As solicitudes poden presentarse no departamento de servizos sociais do Concello de Cotobade ou no rexistro das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
  DOCUMENTACION:
1.- Solicitude e anexos según modelo oficial 
2.- Fotocopia do libro de familia.
3.- Certificado de empadronamento do conxunto da unidade familiar.
4.- Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
5.- Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución judicial ou administrativa que a declare.
Solicitude


ITV Vehículos Agrícolas

ITV Vehículos Agrícolas
Supervisión y Control, a empresa encargada de levar ao cabo a inspección técnica de tractores agrícolas desprazará a súa unidade móbil a Cerdedo-Cotobade para a revisión dos mesmos.

DÍA: 17 de abril de 2017
HORARIO: de 9 a 13:30 horas.
LUGAR: aparcadoiro do campo de fútbol das Extremas (Rebordelo).

Asinarase a hora de atención ao público chamando ao teléfono 902309000

Feira Cuspedriños: solicitude de postos.

Feira Cuspedriños: solicitude de postos.
Aberto o prazo para a solicitude de un posto para a Feira de Cuspedriños 2017


Lista Admitidos e excluídos Plan Emprego Deputación

Lista Admitidos e excluídos Plan Emprego Deputación

Resultado definitivo postos GDR-15

Resultado definitivo postos GDR-15

             

O Concello de Cerdedo-Cotobade en colaboración coa Garda Civil de Pontevedra, informa que o día 30 de marzo de 2017 ás 18.00 horas na Casa do Pobo de Viascón van ter lugar as charlas PLAN MAIOR DE SEGURIDADE.

 Estas charlas están dirixidas á persoas maiores e o seu obxetivo é informar sobre seguridade no domicilio, prevención de estafas, agresións, etc.

 DATA E LUGAR:

 Estas charlas  celebraranse o día 30 de Marzo en:

-Casa do Pobo de Viascón en horario  de 18.00 h


             

O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza abriu o prazo para a presentación de solicitudes de AXUDAS EXTRAORDINARIAS A EMIGRANTES GALEGOS RETORNADOS PARA O ANO 2017.

OBXETIVOS:

Axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno a Comunidade Autónoma de Galicia, é decir, traslado de enxoval, gastos de viaxe de retorno e tradución e legalización de documentos.

REQUISITOS DE ACCESO:

  1. Galegos que teñan residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrumpidos anteriores á data do seu retorno a España.
  2. Ter traballado no exterior durante un periodo mínimo dun ano.
  3. Non ter transcorrido máis de dous do seu retorno a España e a publicación da resolución.
  4. Estar empadroado e ter residencia nun concello de Galicia.
  5. Carecer de rendas ou ingresos suficientes.

O prazo para a presentación das solicitudes remata o 31 de agosto de 2017. As solicitudes presentarase, xunto co resto da documentación na Secretaría Xeral de Emigración (rúa Basquiños nº 2, 15704 Santiago de Compostela) ou no Departamento de Servizos Sociais.

DOCUMENTACIÓN:

  1. DNI
  2. Libro de Familia
  3. Certificado de empadroamento
  4. Certificado de emigrante retornado expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno.
  5. Baixa conxular do solicitante expedido polo consulado dos países de procedencia.
  6. Certificación da vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  7. Xustificante acreditativo dos ingresos económicos e rendas de calqueira tipo.

Benestar en Balnearios 2017

Benestar en Balnearios 2017
O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que por parte da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, abríuse o prazo para a presentación das SOLICITUDES DE PRAZAS DE BALNEARIOS DO PROGRAMA "BENESTAR EN BALNEARIOS 2017”

 

Os requisitos para acceder a este programa son:

 

                1.- SER MAIOR DE 60 ANOS OU PENSIONISTAS MAIOR DE 55.

                2.- RESIDIR NA COMUNIDADE AUTÓNOMA.

                3.- NON PADECER TRASTORNOS MENTAIS GRAVES NIN ENFERMIDADE INFECTO-CONTAXIOSA.

                4.- PODER VALERSE POR SI MESMO PARA AS ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA.

5.- PRECISAR OS TRATAMENTOS BALNEOTERÁPICOS SOLICITADOS E CARECER DE CONTRAINDICACIÓN MÉDICA

            Poderán ser beneficiarios os cónxuxes das persoas que cumpran os requisitos anteriores.

 

Balnearios ofertados con estancias de 10 días con tratamento termal, aloxamento e manutención: Acuña, Arnoia, Augas Santas, Baños de Brea, Baños de Molgas, Caldelas de Tui, O Carballiño, Carballo, Cuntis, Laias Caldaria, Lobios Caldaria, Rio Pambre, Termas Romanas e Guitiriz.

 

Prazo de presentación das solicitudes:  ata o 6 de abril do 2017

Para maior información poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais do Concello, onde se lles ampliará a información das datas, prezos e número de prazas existentes.



 

Nº de resultados:
72
Mostrar