Resultado Selección persoal brigada prevención e extinción de incendios

BASES ELABORACION LISTA RESERVA PERSOAL SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

BASES ELABORACION LISTA RESERVA PERSOAL SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
O día 22.07.2016 foron publicadas no Faro de Vigo as bases para a elaboración dunha lista de reserva para prover mediante contratos de duración determinada a persoal do Servizo municipal de Axuda no Fogar do concello.

O prazo de presentación de solicitudes é de sete días naturais a contar a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Faro de Vigo ( O prazo remata o día 29.07.2016)




Excursión Aquapark 2016

Excursión Aquapark 2016
Aberto o prazo de inscrición para a excursión ao Aquapark de Cerceda ata o 5 de agosto


Cociña en Verde

Cociña en Verde
Aberto o prazo de inscrición para o curso Cociña en Verde



Decreto Creación Lista Reserva Auxiliar Administrativo

Decreto Creación Lista Reserva Auxiliar Administrativo

Plan Cultural para o Concello de Cotobade 2016

Plan Cultural para o Concello de Cotobade 2016

Relación provisional admitidos e excluídos para configuración lista reserva Operario Servizos Múltiples

Relación provisional admitidos e excluídos para configuración lista reserva Operario Servizos Múltiples
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE DATA DO 29 DE MARZO DO 2016 POLA QUE SE APROBA A RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA A CONFIGURACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A SELECCIÓN DE PRAZAS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL SUBESCALA DE SERVIZOS ESPECIAIS PERSOAL DE OFICIOS AGRUPACIÓNS PROFESIONAIS OPERARIO SERVIZOS MúLTIPLES


Publicadas no BOP número 40 do 29 de febreiro de 2016, a convocatoria e as bases reguladoras dos procesos selectivos para configurar unha lista de reserva para a selección de prazas da, subescala de servizos especiais persoal de oficios agrupacións profesionais operario de servizos múltiples, e fmalizado o período establecido para a presentación de instancias, esta alcaldía, de conformidade coas bases aprobadas e en exercicio das atribucións recoñecidas pala lexislación vixente.

Resolución Completa

Programas de Garantía Xuvenil

Programas de Garantía Xuvenil
É unha iniciativa da Unión Europea que ten como obxectivo  que os mozos e mozas  de entre 16 e 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, educación ou formación.

Requisitos:
  • Ter nacionalidade española ou ser ciudadáns da Unión Europea.
  • Tamén poden inscribirse os extranxeiros titulares dunha autorización para residir no territorio español que lles habilite para traballar.
  • Ter mais de 16 anos e menos de 30  no momento de solicitar a inscrición
  • Non haber traballado nos últimos 30 días naturais
  • Non haber recibido accións educativas ( de mais de 40 horas mensuais) nos últimos 90 días.
  • Non haber recibido acccións formativas (de mais de 40 horas mensuais) nos últimos 30 días.
  • Solicitar e presentar unha declaración expresa de ter interés en participar no Sistema de Garantía Xuvenil
Onde:

Podes solicitar usuario e contrasinal na OMIX do Concello de Cotobade
Chan, 11 Carballedo 36856 Cotobade. Tfno: 986760001 ext 3 . E-mail: cultura@concellodecotobade.org

Convocatorias

Están vixentes as siguientes convocatorias dentro do programa de Garantía Xuvenil
  • Promoción de autónomos inscritos en Garantía Xuvenil.
Prazo: ata o 30 de setembro de 2.016

Mais Información: pincha aquí
  • Incentivos á contratación de inscritos en Garantía Xuvenil
Prazo: ata o 30 de setembro de 2.016

Mais Información: Pincha aquí

Tarxeta Benvida

Tarxeta Benvida
O Concello de Cotobade informa que a Xunta de Galicia abriu o prazo para a concesión dunha axuda económica a través da Tarxeta de Benvida para as familias con fillas e fillos nados no ano 2016.

Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200€ a razón de 100€/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla. A axuda farase efectiva a través dunha tarxeta de benvida.

Para maior información poden preguntar no Departamento de Servizos Sociais ou chamando o número de teléfono 986.76.00.01 ext.2.

Probas para obter o CELGA

Probas para obter o CELGA
Probas para a obtención dos Celga 1, 2, 3 e 4

Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.

Datas:

  • Celga 4: 2 de abril de 2016.
  • Celga 2: 3 de abril de 2016.
  • Celga 3: 9 de abril de 2016.
  • Celga 1: 10 de abril de 2016.

As solicitudes para a inscricción na proba farase están dispoñibles en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED114A e en http://www. lingua.gal/


Axudas de concesión de tícket electrónico social

Axudas de concesión de tícket electrónico social

O Concello de Cotobade informa que a Consellería de Economía,  Emprego e Industria abriu o prazo para as axudas de concesión de tícket electrónico social para as facturas de electricidade (IVE incluido) cuxo periodo de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo de 2015 e o 30 de xuño de 2016.

A contía da subvención será unha cantidade fixa de 180€ ao ano para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos e 300€ ao ano para as que acrediten ser ademáis familias numerosas.


Esta axuda está destinada as familias con fillos menores de 18 anos ou discapacitados a cargo cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19€/ano).


Clases de Preparación para obter o titulo de Graduado en ESO

Clases de Preparación para obter o titulo de Graduado en ESO

Convoca: Concello de Cotobade


Contido: Clases de preparación para presentarse as probas libres para obter o titulo de Graduado en ESO.
As clases serán 3 días á semana de 18;00 a 20:00 e comenzarán en marzo. Impartiranse no Multiusos de Carballedo

Prazo de inscrición: ata o 26 de febreiro

Mais Información: OMIX do Concello de Cotobade, Chan, 11 Carballedo telefono 986760001. e-mail: cultura@concellodecotobade.org


 

Nº de resultados:
72
Mostrar