Axudas de concesión de tícket electrónico social

O Concello de Cotobade informa que a Consellería de Economía,  Emprego e Industria abriu o prazo para as axudas de concesión de tícket electrónico social para as facturas de electricidade (IVE incluido) cuxo periodo de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo de 2015 e o 30 de xuño de 2016.

A contía da subvención será unha cantidade fixa de 180€ ao ano para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos e 300€ ao ano para as que acrediten ser ademáis familias numerosas.


Esta axuda está destinada as familias con fillos menores de 18 anos ou discapacitados a cargo cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19€/ano).


Clases de Preparación para obter o titulo de Graduado en ESO

Clases de Preparación para obter o titulo de Graduado en ESO

Convoca: Concello de Cotobade


Contido: Clases de preparación para presentarse as probas libres para obter o titulo de Graduado en ESO.
As clases serán 3 días á semana de 18;00 a 20:00 e comenzarán en marzo. Impartiranse no Multiusos de Carballedo

Prazo de inscrición: ata o 26 de febreiro

Mais Información: OMIX do Concello de Cotobade, Chan, 11 Carballedo telefono 986760001. e-mail: cultura@concellodecotobade.org


 

Nº de resultados:
92
Mostrar