Feira de Cuspedriños 2016 EN SAN XURXO DE SACOS
COMEZA O PRAZO PARA SOLICITUDE DE POSTO PARA A FEIRA DE CUSPEDRIÑOS 2016

e- mail: cultura@concellodecotobade.org

Relación de postos "Feira de Cuspedriños 2016 o 
5 de Xuño" 

Feira de Cuspedriños 2015

CUSPEDRIÑOS REMEMORA A SÚA FEIRA MÁIS FAMOSA

Este ano o domingo 07 de xuño de 2015 , celebrase no lugar de Cuspedriños, na parroquia de San Xurxo de Sacos a feira tradicional de Cuspedriños.

Relacion de solicitantes

POSTO PROPIO
P1SOMBREIROS NIETO
P2AMAN ARTESANIA
P3LUZ NANCY RESTREPO
P4DAS MIÑAS MANS
P5ISA
P6LAS COSAS DE ROSA
P7CORBRE
P8OSCAR PLATAS
P9PANADERIA ARTESANA
P10FERRAMENTAS ELVIRA
P11HELADOS ARTESANOS
P12FILLOAS FINA
P13CHURROS BLANCO
P14EMBUTIDOS DO DEZA
P15MAQUILLAXE INFANTIL E ADULTO
P16CHORIMA
P17TONY ARTESANO
P18TENDEIRA
P19AZAIA
P20ARTESANIA EN COIRO A´BOKADOS
P21REGAL-ARTE
P22BOCATAS O VIKINGO
P23 CERVEXAS ARTESANAS
POSTO CONCELLO
N1PEIXEDEPRATA
N2ARTESANIA O PEREIRO
N3MONISCA HANDMADE
N4MOUCHO ARTE
N5OS TERRES DE DANIEL
N6GELIS
N7LAS CREACIONES DE ARI
N8FILLOAS DE VALONGO
N9AGUARDENTEIRO
N10OS TRAZANTES
N11
N12
N13 CHICHO FARTO
PN16ARTESANIA CONCHI
N15 ARTESANIA EN COIRO
N18 GALEGUESAS
N17ARTURO BUGALLO

Nesta Feira podemos atopar produtos alimenticios e artesanía, por parte dos artesáns non so do Concello de Cotobade, senon de todo o territorio.

Para participar como artesán hai que solicitalo por escrito, durante o mes de abril

Regresamos a mediados do século XX para revivir o esplendor da feira que foi o referente da economía desa época.

Aínda que inicialmente esta feira era de gando na actualidade tratase de exaltar os produtos artesanais e a gastronomía da feira.
Dentro deste marco, coidase a estética dos materiais e ambientación da feira, polo que invitamos a todos, a que veñan vestidos dos anos 50-60 (desempovar a roupa dos avós) e poidades achegar ata Cuspedriños para compartir unha xornada emocionante e divertida.

O gando e a agricultura segue estando presente na feira, coas exposición de razas autóctonas, como galiña de mos, porco celta, etc ... no entorno do curro.

Na terraza da carballeira establécense os artesáns e oficios que ofrecen os seus servizos aos visitantes.

No entorno do Mercado tradicional están situados os produtos de alimentación: pan, queixo, embutidos, requeixo, viño, filloas,...

A Feira desenvolvese durante toda a xornada, contando con diferentes actividades de animación e entretemento. O programa soe axustarse ao seguinte:

Ás 10:00 terá lugar a apertura de postos da Feira. Aquí podemos atopar produtos en exposición e venda de alimentación: pan, queixos, doces, embutidos, filloas, polbo, etc. Tamén contamos con postos de artesanía de cestos, ferralla, instrumentos musicais, coiro, sombreiros, etc. Estes postos permanecerán abertos ata o fin da Feira que terá lugar aproximadamente ás 19:00 da tarde.

Poderán observar a exposición que estará no lugar da Asociación Galega de Cetreria.

Ás 12:00 realizará a súa chegada o autobús de época (cedido pola Empresa Autocares Cuiña) con personaxes de época, músicos e algunha sorpresa mais. Seguidamente chegarán mais dunha trintena de vehículos antigos, que farán o percorrido desde Viascón ata Cuspedriños, onde se quedarán expostos para que todos os visitantes poidan aprecialos, grazas a colaboración da asociación de " Amigos dos vehículos antigos".

Durante toda a Feira haberá animación a cargo de gaiteiros, pandereteiras, o afiador, o cego e o fotografo.

Os mais cativos, e os mais grandes, tamén poderán participar nas actividades de xogos populares, manualidades, obradoiros supervisados por monitores especializados, para que a Feira se converta nun espazo de relación e diversión durante toda a xornada do domingo.

Poderás quedar a comer na feira nos diversos locais de comida elaborada que se situarán ese día en Cuspedriños, e que contarán cos produtos da zona.

Xa pola tarde - Ás 17:00 a Asociación do Traxe Galego realizará unha pasarela de traxes tradicionais galegos e escenificará durante toda a tarde unha romeira de antaño.

Vinde a pasar unha xornada de romeira, traede a comida ou comede na Carballeira...!!!


Como chegar:



 

Nº de resultados:
2
  • 1
Mostrar