Situación

Cotobade sitúase ó leste da provincia de Pontevedra, da que dista menos de 19 km da súa capitalidade.

Limita ó norte cos concellos de Cerdedo e Campo Lameiro, ó sur cos de Ponte Caldelas e A Lama, ó leste cos de Cerdedo, Forcarei e A Lama e ó oeste cos de Pontevedra e Campo Lameiro.

O municipio de Cotobade está integrado na Comarca de Pontevedra, e forma parte da recente mancomunidade "Terras de Pontevedra", concebida para o desenvolvemento económico e turístico deste territorio.

A capitalidade do Concello atópase no lugar de A Chan, na parroquia de Carballedo, sen que o seu topónimo se corresponda co de ningunha entidade de poboación.




Como Chegar:

-Dende Pontevedra podese chegar a Cotobade, pola N-541 dirección Ourense, logo enPonte Bora, nopunto Kilométrico 87 tomase a PO-233 dirección Carballedo. Ou tamén continuando pola N-541, chegamos as parroquias de Tenorio, Viascón, San Xurxo de Sacos e Santa María de Sacos.




 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar