Parroquias de CotobadeAguasantas (Santa Maríña)

A parroquia de Aguasantas localízase no sur de Cotobade, e limita con Ponte Caldelas.
Segundo o IGE do 2007, Aguasantas conta con 352 habitantes.
Conta con 28 entidades de poboación, das cales 17 están habitadas: O Barazal, As Boliñas, Calvelle, O Campodanta, O Casal, Ceraxe, A Coutada, Famelga, O Fental, A Godela, O Igrexario, Martín, A Pena, O Regueiro, Sucastro e O Trebello.



Parroquias de CotobadeAlmofrei (San Lourenzo)

A parroquia de Almofrei localízase no sur do concello de Cotobade, e limita coa parroquia de Ponte Bora, pertencente a Pontevedra.
Conta con 276 habitantes (segundo o IGE do 2007) distribuídos en nove entidades de poboación que son: Os Agriños, A Arrotea, As Cachopeiras, A Costa do Outeriño, A Fontenova, A Grosa, Outeiro Redondo, A Pombeira e a Xesteira.













Parroquias de CotobadeBorela (San Martiño)

Esta parroquia, localízase no sur do concello de Cotobade.
Ten unha población de 388 habitantes (segundo o IGE do 2007). Dos seus once lugares, nove están habitados: A Aldea de Abaixo, A Brea, A Cavada, A Costa, A Graña, Pazos, O Picoto de Abaixo, A Ponte Borela e A Senra.















Parroquias de CotobadeCarballedo (San Miguel)

A parroquia de Carballedo localízase no centro do concello, situándose a súa capitalidade no lugar de A Chan. Ten 341 habitantes (segundo o IGE do 2007) distribuídos en catorce entidades de poboación, das cales once están habitadas: O Berberote, A Braña, A Chan, O Comareiro, A Cuqueira, Doade, A Espeiriña, A Igrexa, A Lomba, Paraños, Pazos, Silvela, Sión e Trabazo.







Parroquias de CotobadeSanta María de Sacos

Santa María de Sacos localízase no norte do concello de Cotobade. Conta con 282 habitantes (segundo o IGE do 2007). Distínguense catro entidades de poboación: O Cádavo, Dorna, Vila de Abaixo e Vila de Arriba.















Parroquias de CotobadeTenorio ( San Pedro)

Tenorio está situado no sudoeste do concello, e está delimitado polas parroquias de Viascón, ó norte, Almofrei e Borela, ó sudoeste. Pertence as terras baixas de Cotobade.
O río Lérez bordea a parroquia, servindo como fronteira coa parroquia de San Andrés de Xeve de Pontevedra, polo oeste.
Ten unha poboación en torno aos 1157 habitantes, aproximadamente, polo que é a parroquia máis poboada de todo o municipio. Dista uns oito kilómetros de Pontevedra, capital coa que se comunica pola estrada N-541.
A parroquia conta con trece entidades de poboación: Barro, Calvelo, O Castro, Covas, A Laxe, Lérez, Parada, Rascadería, O Río, Tenorio, A Torre Vella, Tralasmós, Vilanova e Zamar.






Parroquias de CotobadeValongo (Santo André)

A parroquia de Santo André de Valongo localízase no sur do concello de Cotobade. Conta con 128 habitantes (segundo o IGE do 2007), están distribuídos en once entidades de poboación: O Campo da Ferreira, O Campo, A Casanova, A Cerdeiriña, Chielas, O Igrexario, O Outeiro do Forno, As Penizas, O Quinteiro, Rañas e O Regueiro.

Nesta localidade celébrase no 1º fin de semán de setembro, a Festa da Filloa, producto que se elabora no trebello tradicional de ferro, e que dende hai uns anos ten unha gran sona.






Parroquias de CotobadeViascón (Santiago)

Viascón localízase no oeste do municipio, na zona das terras baixas, e conta con 410 habitantes (segundo o IGE do 2007).
Os seus habitantes están distribuídos en once entidades de poboación: A Atalaya, A Bouza, Cabanelas, O Camiño Novo, O Castro, A Costa, A Costiña, Cuíñas, O Mallo, Quintán e O Valiño.




Parroquias de CotobadeCaroi (Santiago)

Caroi localízase no norte do municipio de Cotobade.
Conta con 152 habitantes (segundo o IGE do 2007) divídense en once entidades de poboación: A Bouza do Home, Bouzas, A Cima de Vila, A Costa, O Coto, A Eirexe, Fraguas, A Graña, A Laxa, Medelo e O Porto.



Parroquias de CotobadeCorredoira (San Gregorio)

Corredoira localízase no norte do concello de Cotobade. Conta con 156 habitantes (segundo o IGE do 2007). Componse de dez entidades de poboación: A Anta, O Carballal, O Casal, O Lombiño, O Meixoeiro, O Outeiro, A Pedra Picada, As Pozas, A Redonda e O Val.



Parroquias de CotobadeLoureiro ( Santiago)

Santiago de Loureiro, localízase no sur do concello de Cotobade.
Conta con 180 habitantes que están distribuídos en dez entidades de poboación: O Batán, O Beseiro, A Chan, A Costa, O Frade, O Igrexario, Insuela, O Pereiral, O Piornal, Ribalta e A Vilalén.








Parroquias de CotobadeRebordelo (San Martiño)

San Martiño de Rebordelo está situada no centro do concello de Cotobade, distinguíndose nela oito entidades de poboación: O Facho, As Lagoas, Os Lourenzos, Os Martices, O Pozo Negro, O Quinteiro de Abaixo, O Quinteiro de Arriba e o Salgueiro.
Conta con 161 habitantes ( segundo o IGE do 2007)



Parroquias de CotobadeSan Xurxo de Sacos

San Xurxo de Sacos está situada no norte do concello de Cotobade. Está dividida en dez entidades de poboación: Barbeitos, Calva da Viña, Cuspedriños, Cutián, Fentáns, Fontán, Lombo do Muíño, A Longa, O Outeiro, e San Xurxo, e conta con 592 habitantes.




 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar