Benvida do Alcalde
Jorge Cubela (Alcalde de COTOBADE)


Como Alcalde desta terra, liderada por 13 parroquias, por séculos de historia e de ancestrais tradicións, dou a benvida a todos os visitantes deste portal web e das terras do Canón de Pau.

Cotobade quere mostrar os seus recursos e as súas potencialidades aproveitando as facilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, acercando a actualidade do concello ós horizontes do século XXI.

Gustaríame que a través deste portal os veciños nos puideran facer chegar as súas propostas e ideas,porque cremos que só os proxectos que son o reflexo das ansias e do sentir dos pobos son os que teñen máis posibilidades de lograr os éxitos e o recoñecemento das futuras xeracións.Cotobade é un proxecto que suma e non resta, que multiplica e non divide e, por iso, este é o voso Concello.


 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar