Medio Ambiente
O Concello de Cotobade, no pleno de data 30 de agosto de 2007 adoptou o acordo de adhesión á Axenda 21 e dende esta data estase traballando para levar a cabo a implantación da Axenda 21 local.

Con este paso adquireuse o compromiso de conseguir un desenvolvemento sostible económico social e medioambiental neste municipio.

Este compromiso recolle a aprobación de adhesión á Carta Aalborg que na actualidade conta coa adhesión de centos de concellos de toda Europa. O proceso no que se levará á práctica este compromiso é a implantación da Axenda 21.

O Concello de Cotobade, tamén se adhireu á Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade con data 18 de setembro de 2008.

Mais o proceso non remata neste punto senón que é necesario manter un proceso dinámico de participación e avaliación contínua polo que se está traballando para conseguir este obxetivo.


 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar