Servizos Sociais
Servizos Sociais de Atención Primaria.

C/ Chan 11 - Carballedo- Cotobade
Teléfono: 986 760001
Fax: 986 760130

HORARIOS DE ATENCIÓN Ó PUBLICO:

MARTES E VENRES DE 9:00 A 14:00 HORAS // Email: sersoco@concellodecotobade.org




O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cotobade traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de tódalas persoas e grupos do municipio.
As iniciativas desenroladas inciden especialmente nos cidadáns que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva.

A atención primaria é a máis achegada ós cidadáns para buscar respostas ás demandas e necesidades das persoas.
O departamento de servizos sociais realiza anualmente a sua programación, dirixida fundamentalmente ós colectivos sociais máis desfavorecidos e que sofren problemáticas de integración social.
Esta programación conta con diferentes actividades novas e outras ás que se da continuidade e realizadas con éxito xa nos anos anteriores.

Para calquera consulta sobre os programas, servizos e recursos, así coma as actividades será necesario inscribirse no Departamento de Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello de Cotobade, onde se dará máis información sobre os temas, sendo o número de teléfono o 986 760001.

O funcionamento do servizo e os programas están financiados pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia ademais do Concello de Cotobade, e Deputación Provincial.

PROGRAMAS

- Programa de axuda no fogar e apoio á unidade convivencial.
- Aloxamento alternativo: Programa de prevención e inserción social.
- Programa de información, orientación e asesoramento.

- Programa de axuda no fogar e apoio á unidade convivencial:

Conxunto de tarefas realizadas por persoal cualificado no domicilio do destinatario e no seu contorno social, que se instrumentalizan para atender determinadas necesidades dos individuos e/ou grupos familiares cando estes se encontren en situacións nas que non é posible a realización das actividades cotidianas.

  •  Aloxamentoalternativo
Conxunto de actuacións que se realizan para conseguir que o individuo en situación de necesidade conte cun marco estable para o desenvolvemento da convivencia: acollida familiar,...

  • Programa de prevención e inserción social
Proceso de intervención social que, co obxectivo de mellora-lo benestar e a calidade de vida das persoas ou grupos, actúa sobre os factores asociados á xénese de diferentes problemáticas ou necesidades sociais, desenvolvendo actuacións concretas para evita-la súa aparición, reaparición ou agravamento.
Supón a configuración de prestacións específicas, programas ou accións instrumentais de tipoloxía diversa. Son os seguintes programas:

  • Programa de Educación Familiar
Programa de intervención social dirixido a familias en dificultades ou en risco de exclusión social, asi como para a prevención e mantemento dos menores dentro do fogar familiar. Pretende dar solución as diferentes demandas socio-familiares asi como a acadar obxectivos básicos para ter un nivel e unha calidade de vida aceptable a tódolos niveis, social, persoal, educativo... Este servizo conta cunha educadora social que atende no Concello dende as dez ata as dúas de martes a venres.

  • Servizo de Asesoramento e Apoio integral á muller (PIM)
Programa de atención especializada dirixido á muller, oferta servizo de atención xurídica, psicolóxica e social. O equipo profesional conta cunha psícologa e unha avogado.

HORARIO: luns de 9:00 a 14:30 horas

  • Reparto de alimentos do Banco de alimentos
Realízanse catro repartos anuais, enfocados a aquelas familias do concello con máis precariedade económica.

  • Programa de información, orientación e asesoramento
Facilitar ó cidadán e á comunidade, en xeral, o coñecemento e acceso ós recursos sociais nunha relación de axuda profesional que garanta unha resposta adecuada ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación dos servizos sociais: pensións non contributivas, RISGA, asistencia sanitaria, axudas económicas non periódicas,...

Dentro deste programa teñen cabida toda unha serie de procedementos:


DEPENDENCIA

1.  Información e asesoramento sobre o sistema se atención as persoas con dependencia.

Solicitudes da valoración de dependencia:
  • DNI
  • Informes médicos
  • Certificado de convivencia e empadroamento.
  • Xustificantes dos ingresos.

2.Elaboración da proposta de coidados e implantación de recursos de dependencia:
  • Axuda no fogar.
  • Centro de dia.
  • Ingreso en residencia.
  • Axudas económicas para coidadores no entorno.
  • Teleasistencia.
  • Axuda económica vinculada a servizos.
  • Axudas individuais.
Volver Arriba


3ª IDADE

1. Pensións non contributivas
  • DNI e NIF de tódolos convivintes.
  • Cartilla da seguridade social do solicitante.
  • Nº de conta bancaria.
  • Declaracións do I.R.P.F. de tódolos convivintes, ou xustificantes de ingresos.

2.Axudas non periódicas para discapacitados e persoas maiores
  • DNI do solicitante.
  • Orzamento desagregado do gasto a realizar.
  • Certificado de convivencia.-Declaración do I.R.P.F. da unidade familiar ou certificación negativa de Facenda.
  • Declaración xurada da totalidade de ingresos da unidade familiar.

3. Termalismo social
  • DNI.
  • Documento de asistencia sanitaria.
  • Informe médico.

4.Turismo social
  • DNI.
  • Documento de asistencia sanitaria.
  • Informe médico.
  • Certificación da pensión que percibe.
  • Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda.

5. Vacacións para maiores
  • DNI.
  • Documento de asistencia sanitaria.

6. Teleasistencia domiciliaria
  • DNI.
  • Cartilla de Seguridade Social.
  • Abono social de Telefónica
  • DNI.
  • Certificación da pensión.
  • Certificación de convivencia.
  • Declaración xurada de ingresos da unidade familiar.

7. Servizo de axuda no fogar
  • DNI.
  • Libro de Familia, no seu caso.
  • Cartilla da Seguridade Social.
  • Nº de conta bancaria.
  • Informe médico do acollido e dos acolledores.
  • Calificación de minusvalidez.
  • Xustificantes de ingresos.

8. Ingreso en residencias de terceira idade (púbicas ou privadas)
  • D.N.I.
  • Certificado de convivencia.
  • Xustificantes de ingresos.
  • Informe médico.

9. Ingresos temporais en residencias de terceira idade
  • D.N.I.
  • Certificado de convivencia.
  • Xustificantes de ingresos.
  • Informe médico.

10.Xantar na casa
  • D.N.I.
  • Certificado de convivencia.
  • Xustificantes de ingresos.

11. Nadal entre amigos
  • D.N.I.
  • Certificado de convivencia.
  • Xustificantes de ingresos.
Volver Arriba


DISCAPACIDADE


1.Pensións non contributivas
  • -DNI e NIF de tódolos convivintes.
  • -Cartilla da Seguridade Socia do solicitante.
  • -Nº de conta bancaria.
  • -Declaracións do IRPF de tódolos convivintes, ou xustificantes de ingresos.
2. Axudas non periódicas para discapacitados e persoas maiores
  • DNI do solicitante.
  • Orzamento desagregado do gasto a realizar.
  • Certificación de convivencia.
  • Declaración do IRPF da unidade familiar ou certificación negativa de Facenda.
  • Declaración xurada da totalidade de ingresos da unidade familiar.

3.Recoñecemento da condición de minusvalidez
  • DNI.
  • Documento de asistencia sanitaria.
  • Informes médicos actualizados.

4.Vacacións para discapacitados
  • Documento de asistencia sanitaria

5.Servizo de axuda no fogar
  • DNI.
  • Libro de familia, no seu caso.
  • Cartilla da Seguridade Social.
  • Informes médicos.
  • Declaración do IRPF, ou certificación negativa de Facenda.
  • Certificación de pensións, certificación do rendemento do capital.

6. Acollemento familiar para maiores e discapacitados
  • DNI
  • Cartilla da Seguridade Social
  • Nº de conta bancaria.
  • Informe médico do acollido e dos acolledores.
  • Calificación de minusvalidez.
  • Xustificantes de ingresos.

7.Ingreso en residencias de discapacitados
  • DNI
  • Certificado de convivencia.
  • Xustificantes de ingresos.
  • Informe médico.

- Ingreso en centros especiais de emprego ou ocupacionais para discapacitados

8.Expedición de tarxetas de reserva de aparcamento para xente con discapacidades
  • -DNI
  • -Certificado de minusvalía.
  • -Dúas fotos.
Volver Arriba


FAMILIA E MENORES

1.Título de familia numerosa
  • DNI dos pais.
  • Libro de familia.
  • Dúas fotos de toda a familia .
  • Para os fillos de idades comprendidas entre 21 e 25 anos, certificado de estudios ou copia da matrícula.

2.Renovación do título de familia numerosa
  • DNI dos pais.
  • Libro de familia.
  • Para os fillos de idades comprendidas entre 21 e 25 anos, certificado de estudios ou copia da matrícula.

3.Axudas de integración social a menores
  • DNI e NIF de tódolos convivintes.
  • Cartilla da Seguridade Social do solicitante.
  • Nº de conta bancaria.
  • Declaracións do I.R.P.F. de tódolos convivintes, ou xustificantes de ingresos.

4. Derivación a gabinetes de orientación familiar
  • Dirixido a familias con múltiples problemas convivenciais, entre parellas, e entre pais e filllos.

5.Axudas para nenos entre 0 e 3 anos
  • DNI e NIF de tódolos convivintes.
  • Cartilla da Seguridade Social do solicitante.
  • Nº de conta bancaria.
  • Declaracións do I.R.P.F. de tódolos convivintes, ou xustificantes de ingresos.
Volver Arriba


INTEGRACIÓN SOCIAL

1. Renda de integración social de Galicia ( RISGA)
  • DNI
  • Libro de familia.
  • Calificación de minusvalidez, no seu caso.
  • Copia do recibo do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana.
  • Xustificación, no caso de ser titular doutros bens ou dereitos.

2.Axudas de emerxencia social (RISGA)
  • DNI
  • Libro de Familia.
  • Calificación de minusvalidez, no seu caso.
  • Copia do recibo do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana.
  • Xustificación , no caso de ser titular doutros bens ou dereitos.
  • Orzamento formal dos gastos para os que solicita axuda.

3.Derivación a Plan de Inclusión Social
  • Derivación o equipo de Marín fundamentalmente os perceptores de rendas de Inclusión Social.
Volver Arriba


EMIGRACIÓN

1.Axudas a emigrantes retornados
  • DNI.
  • Libro de familia, no seu caso.
  • Cartilla da Seguridade Social.
  • Declaración do IRPF, ou certificación negativa de Facenda.
  • Certificación de pensións, certificación do rendemento do capital mobiliario.
  • Xustificantes doutros ingresos.

Colaboración con outros sistemas públicos:

Seguridade Social, Educación, Sanidade, Vivenda, Xustiza, Emprego, etc.
Volver Arriba


 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar