Igrexa de Aguasantas


Do primeiro tercio do século XVIII, na que destaca a portada con arco de medio punto, remarcado de molduras, cartela decorada con data de 1733. Flanqueada por columnas adosadas ó muro, por capiteis e bases, o conxunto adiántase e prolóngase en campanario de catro corpos moi ornamentados con grandes cornisas e gárgolas, pilastras adosadas e faixeadas coa decoración de placas. Cimborrio destacado en altura, con pilastras nos ángulos, que rematan en gárgola con rostro humano, sobre ela, pináculo, e no medio do cimborrio cúpula sostida por catro volutas.

Casa Grande de Santa Mariña de Aguasantas


Antigo mosteiro de frades, situada no igrexario.
De pranta cadrada con patio interior. Consta de planta baixa e piso. Piso con fiestras rectangulares, algunhas con doseletes, dúas grandes balconadas, unha en cada fachada. Na esquina oposta, o cadrado que forma ca casa, unha gran cheminea, e debaixo dela, a cornisa do tellado leva gárgolas.

Casa Reitoral de Aguasantas


Do século XVIII, é de grande interese polo portalón de entrada con porta adintelada e con molduras acoradas. No interior, patio reformado que conserva unha fonte con baixorrelevos moi decorativos. O máis destacado da casa é a súa torre cadrada de dous corpos: no primeiro, fiestras rectangulares con trabatel, e sobre el, balconada corrida. Encima, outro corpo que leva catro gárgolas no remate.

Capela de Santa Lucía de Famelga


Situada no barrio de Famelga. No exterior, a porta de arco adintelado, con dúas ventaíñas, ós lados do derrame exterior, e con pináculos nas esquinas. Conserva a marca na fachada dun antigo adro, hoxe desaparecido, coroado con espadana dun só vano, e con pilastras angulares que marcan o seu volume.

Peto de Ánimas de Famelga


O Peto de Ánimas atópase xunto á capela de Santa Lucía, e dentro da carballeira que acolle este interesante conxunto.
O Peto de Ánimas de Famelga componse en planta de dúas partes.
Na hornacina, está aloxado un panel realizado en madeira, con relevos policromados; as figuras distribúense en dous niveis superpostos: arriba, vemos no centro sobre unha nube, a imaxe da Nosa Señora co Neno no regazo, e ambos tocados coa coroa real, acompañada por San Francisco e San Antonio, un a cada lado; na parte inferior, no medio dun mar de lapas, asoman os corpos dun bispo, dúas mulleres, un varón e un clérigo.
Estamos ante unha representación do Purgatorio, onde se mostra por unha parte que ninguén, sen diferenciación de clases nin sexos, está ceibe de escapar; ademáis, lémbrase cales son as advocacións máis idóneas para redimir ou reducir as penas transitorias do Purgatorio.
O motivo de maior importancia desta obra, radica nas súas numerosas inscripcións, as cales tras unha detida análise, obsérvase tres campos de texto gravado.

Casa Grande de Famelga

Consta de planta baixa e piso. Portalón de entrada con porta adintelada con doselete, e sobre el, cruz e pináculo con inscrición ilexible. Reloxo de sol. Dentro, patio interior con patín, ó que leva a escaleiras con varanda. O patín vai cuberto de pedra sostida por unha columna e arco rebaixado de aceso no seu interior.

Capela de San Xosé da Peneda

Capela de planta rectangular dunha nave. Pequeno óculo central, espadana dun vano e pináculos nas esquinas. Nos muros laterais, hai vanos rectangulares e nas cabeceiras, pináculos e cruz antefixa.

Igrexa de San Lourenzo de Almofrei


Conta con porta recercada de molduras acodadas, e fornela con imaxe, arco de medio punto, e flanqueada por volutas.
Pilastras que enmarcan a fachada e rematan en pináculos. No vértice, unha espadana de dobre vano e volutas laterais.

Ponte de Almofrei


No lugar de A Arrotea, destaca unha ponte de sillería do século XVI, dun só ollo de arco de medio punto, lixeiramente apuntado e apoiado nas rochas.
Pola ponte cruza unha calzada empedrada, supostamente romana e que enlaza coa parroquia de Tourón ( Ponte Caldelas)

Igrexa de San Martiño de Borela


Con planta de cruz latina cunha nave e dúas capelas laterais, que marcan a cruz. No exterior, a fachada está enmarcada por pilastras que rematan en pináculos, porta acorada, sobre ela hornacina con volutas ós lados, óculo e espadana central de dobre vano.

Capela Nosa Señora de Lourdes.


Planta rectangular nun tramo, sen diferenciación entre capela e nave. Cuberta de madeira plana.
Exterior: porta con arco de medio punto de grandes dovelas, remate con vértice en cruz. Laterais lisos, cuberta a dúas augas.

Casa Reitoral


Con planta en L, cunha gran cheminea rematada con gárgolas, o seu patio interior está pechado por un gran portalón e rematado en seis pináculos e bolas. O máis notorio desta casa é a fachada con escaleiras, o primeiro piso e unha solaina con balaustrada de pedra e tellado sostido por pequenos piares.

Ponte medieval de Borela


Ponte medieval do século XV con arco oxival, que atravesa o río Almofrei, un dos afluentes máis importantes do río Lérez, cunha lonxitude de aproximadamente de 26 km

Casa Reitoral de Borela


Con planta en L, cunha gran cheminea rematada con gárgolas, o seu patio interior está pechado por un gran portalón e rematado en seis pináculos e bolas. O máis notorio desta casa é a fachada con escaleiras, o primeiro piso e unha solaina con balaustrada de pedra e tellado sostido por pequenos piares.

Ponte medieval de Borela


Ponte medieval do século XV con arco oxival, que atravesa o río Almofrei, un dos afluentes máis importantes do río Lérez, cunha lonxitude de aproximadamente de 26 km

Igrexa de San Miguel de Carballedo


Planta de cruz latina. Fachada con porta de arco adintelado con hornacina convexa.
Remate de fachada en molduras cóncavas, e no medio, campanario con decoración de placas no seu nacemento, e de tres corpos con balaustrada e pináculos. Tódalas esquinas marcadas con pilastras e pináculos.
Adro con escalinata central, e outra, no lado dereito de peldaño.

Capela de San Roque


Pranta basilical. No exterior, porta adintelada enmarcada por pilastras caixeadas e arco de medio punto con tímpano. Encima, dúas fiestras de medio punto é óculo central.
Os laterais transparentan perfectamente a planta basilical, ó redor, oito contrafortes con fiestras de medio punto en cada tramo.

Casa da Braña


Casa que ten planta rectangular, baixo e piso. En cada fachada, unha longa solaina con balaustrada de pedra e pilares que sosteñen o teito, aceso por medio de escaleiras exteriores laterais.
Baixo a solaina, fórmase un porche adintelado sostido por piares. Reloxo de sol na esquina da casa e hórreo na eira.

Igrexa de Santa María de Sacos


Igrexa de finais do século XII. Planta dunha nave e un ábside rectangular, a nave cuberta de falsa bóveda rebaixada sostida por arcos faixóns, que a dividen en tres tramos e van sobre columnas embebidas do orixe románico, non así a nave, que aparece reformada.
No exterior, fachada con portada de dúas arquivoltas, lixeiramente apuntadas, todo sen decorar.

Capela de San Xoán Evanxelista

Capela Santo Anxo da Garda


Igrexa de San Pedro de Tenorio


Igrexa do século XVI, de pranta rectangular, a súa fachada e espadana foron construídos no século, mentras que o claustro reglar exhibe dous corpos: o superior de estructura adintelada e o inferior de arcos de medio punto.

Reitoral de San Pedro. Monasterio Benedictino


Planta en U con baixo, piso e claustro interior. Fachada barroca pegada á igrexa con porta adintelada acodada sobre ela, balcón con portas do mesmo formato.
Dous portalóns no baixo e piso con fiestras e balcón. Claustro rectangular renacentista con dous pisos. Baixo con columnas e arcadas e vanos adintelados, ambos separados por unha línea de imposta.

Igrexa de San Andrés de Valongo


Pranta de cruz latina. Nave de dous tramos con bóveda de nervios dunha clave. Último tramo da nave ocupado por un coro, o arco faixón correspondente a este tramo é lixeiramente apuntado. Sancristía ó lado esquerdo do ábside con bóveda de canón sobre imposta transversal á nave.
No exterior, porta de arco rebaixado moldurado e baquetoneado, sobre ela óculo elíptico e hornacina pequena.

Casa Reitoral Valongo


Do século XVIII, ten pranta en V con planta baixa e piso. Portalón de entrada con escudo sobre porta adintelada, decorado con volutas; encima, pináculos, muro lateral almenado e gran cheminea decorada con seis pináculos e motivo de placas.

Igrexa de Santiago de Viascón


A igrexa construiuse no ano 1892 con pranta de cruz latina, e capela abovedada. Ten fachada con porta de medio punto, nela atópase o notable camarín do apóstol, destacando tamén do conxunto, a casa reitoral máis antigua, pois nas súas pedras figura unha inscripción de 1819.

Casa Reitoral


Baixo e piso. No piso e baixo, portas de aceso adinteladas e fiestras rectangulares con trabatel. Anexos e palomar.

Igrexa de Caroi


Planta basilical. Nave en catro tramos, cuberta con bóveda de medio canón, arcos faixóns sobre pilastras. Sancristía á esquerda do altar con bóveda de crucería, unha clave, nervios sobre pequenos pilares.

Capela de Santa Mariña

Capela do Neno Xesús


Planta basilical. Nave dun tramo con teito de madeira a dúas augas.
Exterior, porta adintelada, sobre ela óculo cego, troneiras na parte baixa.
Flanqueada con pilastras.

Igrexa de San Gregorio de Corredoira


Planta basilical. Capela con bóveda de nervios sobre ménsulas, dunha soa clave decorada. Nave con tres tramos, abovedada con bóveda de canón, e arcos faixóns de medio punto sobre pilastras.

Igrexa de Loureiro


Igrexa do século XVI. Pranta de cruz latina, capela cadrada con bóveda estrelada de cinco claves decoradas, nervios sobre ménsulas con forma de cabezas, arco triunfal apuntado, caixeado sobre pilastras caixeadas.
Na fachada, porta con arco de medio punto, recercada de molduras acoradas, curvas e rectas, enmarcada por pilastras e pináculos. Sobre ela, hornacina con imaxe, frontón curvo, e decoración de placas recortadas.

Ermida da Virxe das Neves

Igrexa de San Martiño de Rebordelo


Do século XVIII, da que se conserva a cabeceira románica do século XII.
Na fachada, porta adintelada recercada de molduras acodadas, frontón semicircular partido con volutas, pináculos adosados, e fiestra cadrada cercada de molduras planas. Decoración de placas e campanario central nas esquinas, pináculos rematando pilastras.

Casa dos Deán ( Os Lourenzos)


Fachada principal con dúas torres, a da esquerda ten dobre altura que a dereita, ámbalas dúas almenadas. Escalinata con balaustrada en forma de L, que accede á porta principal. A vivenda leva planta baixa e piso, so a torre máis alta ten un piso máis. Ámbalas dúas torres levan unha fila de fiestras de medio punto sobre pilastras.

Casa do Val

 

Capela de San Brais


Celébrase a festa de San Brais, o 3 de febreiro.

Igrexa de San Xurxo de Sacos


Pranta de cruz latina. Na fachada, porta con arco de medio punto recercada de molduras acoradas, curvas e rectas, enmarcada por pilastras e pináculos. Sobre ela, hornacina con imaxe, frontón curvo e decoración de placas recortadas, campanario en dous corpos, rematan o centro da fachada enmarcada por pilastras e pináculos.

Pazo Bermúdez de Castro


Pranta cadrada con torre en fachada. Na fachada, a torre está no medio de dous pisos máis, rematada en almenado e con cornisa de onde saen catro gárgolas, unha en cada esquina.
Accédese á casa por un camiño con muro e restos de importante entrada.

Ermida do San Xusto


Pranta de cruz latina. Nave de tres tramos con arcos faixóns semicirculares sobre pilastras, coro ós pés, de pedra e sobre gran arco de medio punto.
Na sancristía, inscricións: 1823 e 1689.
Celébrase a festa os días 5 e 6 de xuño, adicada aos santos Xusto e Pastor.

Balneario


Restos dunhas antigas instalacións, que datan de 1915. Están adicadas a tratamentos minero-medicinais e augas sulfurosas a carón do río Lérez.
A xente viña de tódalas partes da provincia de Pontevedra, e tamén de fora dela. Estas augas foron e son moi loubadas, sendo daquela, aconselladas e recetadas polos médicos para distintas doenzas: estómago e aparato dixestivo en xeral, fígado e sobor de todo para as cutáneas. Aínda hoxe hai dúas bañeiras en uso.

Campo da feira de Cuspedriños


No campo da feira de Cuspedriños, atópase un conxunto moi interesante cun grande valor etnográfico.
Os alpendres (construccións creadas para gardar apeiros de labranza, e realizar obradoiros artesanais nos días de choiva), construídos en 1915, e renovados recientemente.
No conxunto, atópase a capela de Virxe do Carme, e xunto a ela un peto de ánimas, unha das manifestacións materiais de culto ós mortos.

Capela de Nosa Señora de Lixó (Fentáns)


Situada en Fentáns, ten portada de arco adintelado, recercado de molduras acoradas, flanqueada por pilastras e coroada con frontón simicircular. Espadana central de dobre vano, de cemento.
Interior: nave con falsa bóveda de canón, e arco triunfal de medio punto sobre pilastras.



 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar