Senda A Vía Escondida PRG-68 (Viascón)


Lonxitude: 15,8 km (14,3 km a ruta principal e 1,5 km a derivación de ida e volta)
Punto de partida/chegada: Carballeira de San Xusto en San Xurxo de Sacos.
Percorrido: Carballeira de San Xusto, Baños de San Xusto, Ponte Nova, Fentáns, Ponte Nova, Cutián, Fontán, San Xurxo de Sacos e carballeira de San Xusto. Hai unha derivación dende Cernadelo ata o petroglifo de A Laxe das Rodas.

O sendeiro de San Xusto PRG-29, segue, na súa maior parte, por antigas calzadas empedradas e camiños rurais.
A riqueza da vexetación é extraordinaria: bosques de ribeira e algúns bosquetes caducifolios autóctonos. Son frecuentes os carballos, castiñeiros, bidueiros e piñeiros, así como zonas de vexetación densa (fieitos, enredadeiras, carriza...)nas beiras do río Lérez e doutros pequenos regatos.

Ao longo do percorrido pásase por 8 muíños (a maior parte deles en mal estado de conservación) catro deles en Baños de San Xusto, dous en San Xurxo, uno en Cutián e o Muíño do Medo.
O camiño comenza na capela de San Xusto, e se descende ata os baños de San Xusto.
Seguimos pola beira do río, ata chegar á Ponte Nova que nos permitirá cruzar o río Lérez. Neste punto poderíamos voltar por Cutián nun percorrido circular ata chegar ó punto de incio, ou continuar e cruzar a Fentáns, para admirar os petroglifos tallados por artistas de fai 3000 e 4000 anos.( Laxe das Ferraduras, Laxe dos Cebros, Coto do Rapadoiro, e outros)

 

Senda A Vía Escondida PRG-68 (Viascón)



Lonxitude: 17 km
Punto de partida/chegada: Viascón, nun punto próximo ó Hotel restaurante Manolo.
Percorrido: N-541 Viascón, carballeira da Portela, ponte de San Xián, carballeira de Carbalinchán, ponte de Rexedoiro, muíño Bouza do Mogo, ponte de San Xián, piscina fluvial de Cabanelas, Muíño Novo, desvío aos petroglifos das Coutadas, fonte de Natoal, mirador do Coto do Ramalloso, bosquete, petroglifo de Laxes, Ponte-Atalaia, Fonteseca, río Lérez, A Igrexa, carballeira da Portela e N-541 Viascón.
A ruta discorre na súa maior parte por sendeiros ao borde do río e algunhas pistas forestais.

 

Ao principio temos que seguir á carretera a Cabanelas durante un tramo corto, pero axiña nos desviamos por unha pista de terra hacia a Carballeira da Portela.
Baixamos polas pistas de concentración parcelaria hacia o río. Antes de cruzar a ponte, tómase un pequeno sendeiro ribereño con restos dos muíños abundantes na zona, e do sistema de regadío antigo.
Tras cruzar a ponte, o camiño discorre entre zonas de pasto acotadas ata a aldea de Cabanelas, piscinas fluviais e área recreativa, que esconden unhas atractivas pozas para o verán. Podemos seguir a a derivación ata o petroglifo "Laxe das Coutadas", uns dos máis interesantes de todo o municipio.
Ascendemos por unha pista de subida pronunciada que nos levará cerca da cima do Coto Ramalloso.
Tralo descenso, chegamos ata o petroglifo "Portela da Laxe".
Rematamos a ruta corta, no lugar da iglesia e rectoral de Santiago en Viascón.
De alí, parte un pequeno sendeiro circular hacia a Atalaya, con boas vistas e bordeando o río Lérez, con retorno de novo á zona da igrexa, dende onde regresaríamos ao punto de partida.

 

Sendeiro de Santa María (Santa María de Sacos)


O sendeiro ten unha lonxitude de 12 km, e discorre por zonas de grande interese ecolóxico, así como por zonas de grande riqueza artística e cultural: petroglifos, cruceiros, pontes, casas labregas, fontes, hórreos.O inicio da ruta comenza na denominada Volta do Galo, onde se atopa a Casa da Cultura de dito lugar.O seu percorrido é o seguinte: A volta do Galo, o Adro, Vila da Riba, Capela de San Lourenzo, A Volta do Galo, Dorna, A Volta do Galo.

Sendeiro Foxo do Lobo


Ruta na procura do "Foxo do Lobo", elemento que tiña como finalidade darlle caza ó lobo no pasado. Está composto por dous altos muros de cachotería , de gran lonxitude dispostos a modo de funil, deste xeito os lobos eran dirixidos nunha batida, mediante ruído e lume, cara o punto onde estes muros de estreitaban, deixando un pequeno paso e como única saída un pozo circular levantado tamén en pedra.O sendeiro dicurre polas parroquias de Carballedo(muíño do Lombiño, piscina fluvial da Chan), Rebordelo(aldea de Sabugueiro, ermida de San Brais), Loureiro(Aldea de Arufe, Igrexa, muíño de Chandolío, muíño dos Pasos, muíño do Beseiro, muíño da Portalaxa, batán de liño), Corredoira( Ponte Serrapio, Foxo do Lobo).Ten unha lonxitude de 10,5 km, cunha dificultade media.Accédese ó lugar de A Chan en Carballedo, dende Pontevedra mediante a estrada PO-233, que enlaza coa N-541 á altura de Bora.

Roteiro das Buratas (Rebordelo)


Ten unha lonxitude aproximada de 3.6 kms cun percorrido dunhas dúas horas, sendo a dificultade media.O inicio está no arboreto de especies autóctonas enfrente do campo de fútbol, que está na carretera PO-233, pasa pola beira do río Almofrei ata chegar á área recreativa O Pozo Negro. Durante todo o sendeiro, pásase por unha gran cantidade de muíños.

Roteiro do Sabugueiro


Ten unha lonxitude aproximada de 3,6 kms, cun percorrido dunha dúas horas, sendo a dificultade media.O inicio é na Casa do Pobo de Os Lourenzos, pásase pola carballeira do Quinteiro de Arriba, o Priorato, a ermida de San Brais, o Sabugueiro e volta a os Lourenzos.

Roteiro de Augasantas


O roteiro ten unha lonxitude de 5,5 kms. Comenza na Igrexa de Aguasantas e pasa polos siguientes lugares: cruceiro de Boliño, muíño da Ponte, petroglifo de Porteliña da Corte, Casa Grande de Calvelle, Peto de Barazal, muíño de Navalciño, Pazo de Campodanta, Capela de Famelga, muíño do Vento e Castro de Famelga.

Roteiro dos Tres Vales (Carballedo)


O roteiro ten unha lonxitude de aproximadamente 11 kms.Comenza na Igrexa de Carballedo e pasa por lugares dendeos que se pode observar o val de Carballedo, o val doLérez e o val da Ría de Pontevedra (de ahí o seu nome).Neste roteiro poden observarse manifestacións das sociedadeshumanas mais representativas do noso pasado:megalitismo, idade de bronce e castrexo.

Rutas BTT.

Ruta BTT de Carballedo

Lonxitude aproximada: 27 kms
Dificultade: Media. Ruta fácil por tramos, pero bastante complicada noutro, pola presenza de moita pedra, en zonas removidas polo paso das empresas madereiras.
Duración aproximada: 3-3´5 horas.
Cómo chegar: Pola N- 541 (Pontevedra-Ourense), dende Pontevedra ata Ponte Bora dende onde parte
unha carretera a Carballdo (12 kms). Se se ven dende Ourense, en San Xurxo de Sacos xa se pode tomar un desvío a Carballedo por Cuspedriños, a uns 10 kms do cruce da N-541.

Percorrido:
A saída prodúcese dende o centro BTT de Carballedo, no pequeno estacionamento detrás do concello, xunto á caixa de aforros. Tras pasala capela de San Roque, comenza a nosa aventura circulando por pistas cómodas no entorno de Carballedo hacia o lugar de Paraños. Despois de atravesar o lugar, tómase a carretera PO-232 hacia Cuspedriños durante un par de kilómetros, ata que nos saímos pola dereita á pista ancha coincidindo así con parte do trazado da ruta irmán de BTT Viascón.

A pista gaña altitude con rapidez e continuamos pola extensa pista principal o que nos abre boas perspectivas panorámicas dos arredores. Rodamos un longo tramo serpenteando polos estribacións do Monte Arcela ata alcanzar un tramo de asfalto que nos acerca á parroquia de Vila de Arriba, o lugar de O Agro concretamente.
Dende alí, frente á entrada dunhas casas, tomanos unha pista que primeiro descende un pouco, e logo ascende con ganas ao Coto do Ceo, e o agravante de que , entre o paso dos vehículos das madereiras e os temporais, hai moita pedra solta e de bon tamaño.

Cruzamos o Regueiro da Freixa, e o Canceliño, nun corto prazo unha vez chegados a zona máis chan, pero coidado neste último que o rudimentario pontón que o salvaba está roto por zonas . Máis adiante atravesamos unha valla xunto á caseta de pastor para chegar a unha pista de asfalto. A sinal indícanos dereita, pero antes tomamos ao contrario a derivación á moi cercana Capela do Santo Anxo da Guarda, no lugar de O Cádavo
Volvemos sobre as nosas rodadas o corto tramo derivado, e seguimos pola pista pavimentada de gravilla durante uns dous kms, e a esquerda tomamos a derivación para subir ao mirador do Monte Coirego, ben sinalizada.
Realizada a visita, damos marcha atrás ata a pista asfaltada, que temos que cruzar para entrar na ancha pista de terra ben visible ao outro lado. Temos un treito longo, por esta pista sinxela que bordea o Monte Albagueira ata unha explanada aberta na que deixamos a pista principal para baixar unha trialera ata o lugar de Ponte Acibal. Aquí pódenos surxir algunha duda, pois xunto aos abrevaderos hai sinal de confirmación pero a zona por onde iba a pista foi roturada e o certo é que hai que facer un tramo a ollo pois non hai rodeiras nin marcas claras da pista.

As árbores solitarias ao frente e á esquerda pódennos servir como referencia e, ao chegar á zanxa que corta todo o prado, xa vemos por onde está o único paso posible. Nada máis salvar a zanja, sigue a pista entre arbusto baixo, pouco visible pois apenas está pisada, inda que uns metros, adiante hai unha confirmación de ruta que nos da tranquilidade e ao pouco, o chan de herba vese transformado claramente na antiga calzada de pedra plana que foi.

A calzada serpentea, e logo descende ofrecéndonos boas vistas da parroquia de Carballedo (S. Miguel), dende o Mirador da Fonte da Ecua. Ao terminar a calzada, chégase a un cruce que de frente acercaríanos ao visible Muíño da Igrexa, inda que a ruta continúa pola dereita ata enlazar coa carretera de Caroi. De alí só resta baixar ao Centro BTT de Carballedo tras un par de cruces e a nosa ruta chegará a súa conclusión.

 

Ruta BTT de Viascón

Distancia aproximada: 20 kms
Dificultade: Alta. Ruta larga con varios tramos trialeiros de pedras grandes, en algún caso casi impracticable. Salvando esto, a ruta é moi bonita pola súa diversidade: monte alto con vistas, bosque, sendeiros ribereños moi salvaxes (en desuso)...
Duración aproximada: 3 ´5-4 horas
Cómo chegar: Pola N-541 (Pontevedra-Ourense), dende Pontevedra ata Ponte Bora, dende onde parte unha carretera a Carballedo (12 km). Si se ven dende Ourense, en San Xurxo de Sacos xa se pode tomar desvío a Carballedo por Cuspedriños, a uns 10 km do cruce da N-541.

Percorrido:
A saída prodúcese dende o centro BTT de Carballedo, detrás do concello, xunto á caixa de aforros.
Baixamos hacia o concello, e dende alí torcemos á dereita hacia a piscifactoría. Nada máis rebasala, xírase hacia Paraños e ao pouco xa iniciamos as primeiras pistas. Ao principio asumimos tramos fáciles pechados de xestas, pero pronto aparécennos as primeiras trialeiras que poñen a proba a nosa destreza subindo pola fonte das ratas.
Enganchamos un tramo corto de asfalto na carretera PO-232 compartindo dende este punto o traxecto coa ruta BTT de Carballedo. Ignorando o desvío pola estrada a Viascón e Cabanelas, entramos en pista de terra moi pisada (coincidencia con sendero GR-94), , alcanzando altitude rápidamente, o que permite as primeiras vistas panorámicas.
Nunha recta ancha, a pouco máis dun km de iniciar a subida, despedímonos da ruta irmán de Carballedo.
A última baixada acércanos á poboación de Cuspedriños, xunto o seu campo da feira, e un merendeiro recentemente preparado.
Dirixímonos agora hacia Viascón, baixando polo Coto Ramalloso e o Monte Meán, cunhas bonitas vistas do val do río Lérez. En pleno descenso por pistas anchas atopámonos co sendeiro PRG-68 A Vía Escondida , e á par del continuamos por zona boscosa de eucaliptos ata atoparnos co camiño pavimentado A Verea Vella, onde despedímonos do PRG ( polo momento) e iniciamos descenso a Viascón pasando polo lugar de A Bouza.
Crúzase a N-541 por viaducto, e pouco antes da igrexa parroquial de Santiago e o cemiterio hai que xirar á dereita e tomar unha pista de terra que nos irá acercando ao lugar de A Atalaya. Dende alí, un lixeiro descenso entre muro baixo, acércanos á ponte da carretera de Campo Lameiro. Tras un breve paso por asfalto, adentrámonos por unha pista estreita bastante rota hacia o Rego da Veiga Grande.

Aquí, recoméndase tomar unha corta derivación do recorrido, que nos acerca á ponte medieval.De este punto para o camiñante, parte unha derivación da ruta de sendeirismo para ver os petroglifos de Fentáns.
Voltando sobre as nosas rodadas, teremos que facer un último esforzo, sempre por chan pavimentado, ata chegar ao final da nosa ruta. Primeiro subimos polo lugar de O Castro e Fontán, ata a N-541 que pasaremos por debaixo, e xunto ao supermercado, tomamos pista pavimentada que en un suspiro, póñenos en línea coa carretera PO-232. Un tramo longo, de casi 2 km, sitúanos de novo en Cuspedriños, onde conclúe a ruta propiamente dita. No caso de ter que volver ao centro BTT, por ter alí o vehículo portador de bici, debemos continuar por esta carretera PO-232 e o chegar ao cruce coa carretera de Caroi xirar á dereita hacia Carballedo.

 

Ruta BTT de Tenorio


Distancia aproximada: 35 kms
Dificultade: Media. A maioría do traxecto é por pistas pisadas en aceptable estado, tan só pequnos tramos, con algunha trialeira, e un tramo xunto ao río con bastante pedra e barro .
Duración aproximada: 3´5 horas

Cómo chegar: Pola N-541 (Pontevedra-Ourense) dende Pontevedra ata Ponte Bora, dende onde parte unha carretera a Carballedo (12 kms). Si se ven dende Ourense, en San Xurxo de Sacos, xa se pode tomar desvío a Carballedo por Cuspedriños, a uns 10 kms do cruce da N-541.

Percorrido:
A saída prodúcese dende o centro BTT de Carballedo, no pequeno estacionamento detrás do concello, xunto á caixa de aforros. De alí baixamos ata o concello , cruzamos a carretera xeral e comenzamos a aventura. Enseguida apreciamos a beleza do río Almofrei na primeira ponte que atravesamos. Logo, pistas fáciles lévannos ás piscinas fluviais de Pozo Negro e a área recreativa cercana ben arbolada.
Tras un breve paso por asfalto, a ruta segue polas pistas de concentración parcelaria e pasa cerca da capela de San Roque no lugar de O Sabugueiro, e o camiño levaranos á parroquia de Ponte Borela, dende onde continuamos por carretera ata A Xesteira. De alí nos trasladamos ata Vilanova, pasando polo artístico Cruceiro das Chans.
Adentrámonos nos montes de Tenorio, e o recorrido acércanos ó centro de Tenorio, por carretera no último tramo.
Subimos ata o Monte Castelo pasando pola igrexa e mosteiro de San Pedro

Deixando atrás a igrexa, comenza a subida eó lado dun pequeño merendeiro, comenza a pista de subida ó Monte Castelo.
Baíxase ata as casas máis altas da aldea de Rascadería. De aquí, baixamos ata o cruce coa carretera xeral de Pontevedra a Carballdeo e iniciar o regreso ata o centro BTT trala casa consistorial do Concello de

 

Ruta BTT de Caroi


Distancia : 35 kms
Dificultade: Media-Alta
Duración: 4-5 horas.
Percorrido: Centro BTT de Carballedo-Ermida de San Brais-Caroi-Capela de Santa Mariña-Meixueiro-A Igrexa ( Carballo)



 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar