Cotobade conta cun importante patrimonio de arte rupestre, espallado por todo o territorio.
Coñécense numerosos exemplos de petroglifos (máis de 150), moitos deles atribuídos á Idade de Ferro ou á de Bronce. Como soporte teñen dous tipos de perfiles: en "u” ou en "V”. Os primeiros son os que se teñen por prehistóricos, e probablemente se fixesen golpeando con cuarzo. Os da época histórica, fixéronse con algún artefacto metálico. Os motivos abstractos e xeométricos son moi numerosos. Os máis sobranceiros están nas parroquias de San Xurxo de Sacos e Viascón, aínda que tamén hai mostras por todo o territorio cotobadés.

Podemos distinguir o seguintes conxuntos rupestres:

 

Outeiro do Lombo da Costa. (San Xurxo de Sacos)
Considerado o conxunto de maior envergadura. Atópanse aquí máis da metade dos petroglifos de Monte Arcela. Esta estación, destaca polo seu tamaño, de máis de trinta ms cadrados, con cerca de vinte rochas gravadas. Os motivos máis representados son as combinacións circulares e os cuadrúpedos. Esta zona constitue xunto con Fentáns, unha das estacións máis interesantes do Noroeste Peninsular. Dentro de esta estación é preciso destacar o petroglifo Laxe das Rodas, petroglifo de gran tamaño con arredor de cincuenta combinacións de círculos concéntricos de variada tipoloxía e entralazadas, e numerosos cérvidos de pequeno tamaño, e a Laxe do Cuco, rocha plana que representa figuras de cérvidos, combinacións circulares e cazoletas.

 

 

Pedra das Ferraduras.(Fentáns)

 

Grande rocha, que presenta unha combinación de círculos concéntricos con trazos adosados ó seu anel exterior, e pegadas de cérvidos e bóvidos dirixíndose a ela. Na cara sur, aparecen sete zoomorfos, tres diseños idoliformes e cinco antropomorfos esquemáticos, posiblemente armados, que rodean ós animais. O antropomorfo colocado en posición superior e central, empuña coas súa man dereita unha enorme espada, mentras co outro brazo suxeta un escudo circular.

Portela da Laxe (Viascón)

Esta estación está integrada por un bo conxunto de rochas insculturadas. Destaca a de maior tamaño, plana, de granito de gran fino. Obsérvase un valiosísimo repertorio de motivos: paletas, esvásticas soliformes,...
Como o seu nome indica, atópase nunha portela o acceso ó monte que conduce a Val da Porca.

Laxe das Coutadas (Costa-Viascón)
Conxunto de gravados sobre rocha de granito de gran medio, de 12 x 5 ms. As representacións de cérvidos comparten cos círculos a superficie da rocha. Hai asociacións de motivos, como a combinación de círculos concéntricos no medio de zoomorfos.

En Serra Castrelada atopámonos coa estación de Porteliña da Corte:

Porteliña da Corte (Aguasantas)

Conxunto de gravados divididos en cinco rochas moi próximas entre sí. Presenta gran número de cazoletas, arredor de vinte combinacións circulares e un cuadrúpedo.


QUE É O PUNTO DE INFORMACIÓN VIRTUAL DO PATRIMONIO DE COTOBADE?

O Concello de Cotobade aposta pola creación dunha ferramenta dixital onde se proporciona acceso ao extenso patrimonio cultural catalogado, un interesante legado de máis de 115 bens, entre os que destacan espectaculares estacións de arte rupestre como as de Lombo da Costa, Outeiro do Morcego, ou Pedra das Ferraduras, entre outras; e poboados fortificados da Idade do Ferro como o castro da Cividá, a Cruz do Castro ou o Coto do Castro.

De igual xeito se incorporan elementos etnográficos e naturais especialmente particulares e sen os que non se pode entender a vida no pasado recente do concello, como acontece co caso do Foxo do Lobo das Brañeiras, en San Miguel de Carballedo,a Canle da Auga en San Martiño de Borela, ou a Carballeira de San Xusto en San Xurxo de Sacos entre outros moitos exemplos.

O que se pretende con esta plataforma é que sexa áxil e sinxela a localización de calquera tipo de ben patrimonial de interese do concello, facilitándolle ao visitante unha ampla información do noso catálogo, apoiada na visualización de material gráfico é audiovisual, e con varias propostas de rutas para realizar.

Ir a http://www.patrimoniodecotobade.org/





 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar