Festa do Petote
  • Mirador da Soldada. Vilanova, Tenorio
  • Mirador do Monte Coirego, Corredoira.
  • Mirador do Monte Castelo, Tenorio.
  • Mirador do Monte Castelo, Cuspedriños.
  • Mirador do Monte do Castro, Viascón.
  • Mirador do Cádavo, Santa María de Sacos.
  • Mirador de Vila de Arriba, Santa María de Sacos
  • Área recreativa de Calvelo, Tenorio.
  • Área recreativa da Soldada.Vilanova, Almofrei.
  • Carballeira de Famelga, Aguasantas.
  • Carballeira de San Xusto. San Xurxo
  • Área de recreo e piscina fluvial Pozo Negro. Rebordelo
  • Área de recreo e piscina fluvial da Chan. Carballedo.
  • Área de recreo de Santa María de Sacos.
  • Carballeira de Portela.Viascón.
  • Área de recreo e piscina fluvial de Cabanelas, Viascón.
  • Carballeira de Aguasantas
  • Carballeira de Don Elías.Carballedo
  • Carballeira de Cuspedriños. San Xurxo de Sacos
  • Piscina fluvial da Xesteira. Almofrei
  • Campo de Santa Isabel. Loureiro.

MUSEOS



Casa da Gaita
Situada en Viascón, Concello de Cotobade, a Casa da Gaita será un dos lugares de referencia para a música tradicional galega.
Conscientes de todo o que representa o lugar de Viascón na historia recente do noso instrumento nacional o Concello de Cotobade e Terras de Pontevedra, xunto con outras entidades, apoiaron a creación da Casa da Gaita.

Un edificio xestionado pola AGG (Asociación de Gaiteiros Galegos) que está adicado á gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela.

A casa da Gaita acolle unha colección de instrumentos na que ademais de gaitas antigas, aparecen outros instrumentos musicais que acompañaron a gaita de fol: tambores, bombos, clarinetes, frautas e requintas.

Tamén acharedes información sobre o xeito tradicional de aprender a tocar a gaita e sobre a súa historia.

Esta colección tamén conta cunha exposición de mais de trinta fotografías antigas relacionadas coa gaita e os gaiteiros, así como os recursos multimedia que permitirán achegarse á historia e construcción de todos os instrumentos musicais galegos.

Os visitantes coñecerán, tamén diversos aspectos da vida de Ricardo Portela, Presidente Fundador e Presidente de Honra da Asociación de Gaiteiros Galegos, e tamén referente indiscutíbel dos músicos tradicionais galegos.

A maiores desta exposición permanente, organizaranse actividades vencelladas coa música e a cultura tradicional durante todo o ano.

Poderase visitar en horario de 10 h a 13h e de 17h a 19 h de luns a venres
Teléfono de contacto: 986 847 074

A casa da Gaita







 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar