A riqueza e peculiaridade gastronómica de Cotobade, aséntase nuns pratos de repostería que trascenden os límites comarcais.
Os máis peculiares son:

Requeixo
Requeixo:
Requeixo de Corredoira, Caroi, incluso en Loureiro. Nas parroquias altas do concello, nas que o gando vacún aliméntase de pastos naturais, faise desde tempos inmemoriais o requeixo. É o resultado da fermentación directa e primeira do leite, transformándose nunca pasta branda, cremosa e de suave textura. De sabor lácteo e impresión ácida que se pode endulzar con azucre, mel , licores ou mesmo viño, preferentemente tinto.Un postre exquisito, que ten a súa festa na Corredoira , polo San Antón de xuño.



Filloas
Filloas:
Nos últimos anos colleron especial fama as de Valongo, por mor do grupo de mulleres que as elaboran públicamente no trebello tradicional de ferro, e onde se lle rende degustación popular no primeiro fin de semán de setembro.

Cotobade, atesoura, asemade, outras catro xoias gastronómicas, hoxe en día de menor protección popular pero de grande interese etnográfico.




Petotes
Petotes: Pequeno bolo de fariña, millo e algo de centeo amasado na auga do caldo, e cocido nese propio elemento, servíndose despois como acompañamento do cocido, especialmente da cacheira que ten prato propio, acompañada de patacas e chourizo.

O Bolo de San Martiño é un Bolo abizcoitado, cocido no forno, que podía levar indistintamente unha mestura de fariña triga, millo ou centeo, na que se mesturan froitos secos. Un pan doce, case ácimo, que se comía tradicionalmente de postre pola festa de San Martiño, patrón das parroquias de Borela e Rebordelo.

BinchaBincha: A Bincha ou bandullo é unha interpretación autótona do famoso pudin, mediante a que se posibilita o aproveitamento do bandullo ou vexiga do porco. Cócese suspendida no interior dunha pota, e sérvese en rodallas como sobremesa morno ou frío.


 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar