ALTA NO PADRON MUNICIPAL DE HABITANTES

DEFINICION
Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do Municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que se considere residencia habitual.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

EMPADROAMENTO POR ALTA
Para empadroarse nun domicilio no que nonfiguran persoas inscritas no Padrón:
  • Encher a solicitude cos datos relativos á vivenda habitual do solicitante, DNI ou o Pasaporte orixinal e o libro de familia (no caso dos menores) de todas as persoas a empadroar.
  • Teñen que asinar todas as persoas maiores que se empadroan.
  • Se é titular da vivenda ten que aportar calquera documento mediante o que acredite o lugar de residencia (escrituras, contrato o facturas de subministros...etc)
  • Se non se é titular da vivenda ten que aportar calquera factura de subministros (auga, luz, teléfono, fixo, gas, etc..) que estean a nome do solicitante ou ben o contrato de aluguer.
  • En caso de non ter ningún documento ao seu nome se require a fotocopia do DNI do propietario da vivenda xunto coa súa sinatura e un documento que acredite a propiedade da vivenda (escrituras ou contrato de subministro)
Para empadroarse en domicilio no que xa figuran outras persoas inscritas no Padrón:

Opérase da mesma forma:
  • No caso de empadroarse nunha vivenda onde figura unha persoa inscrita no Padrón a persoa que seempadroa debe presentar unha autorización dunha das persoas que figura inscrita en dita follapadronal.
  • Cómpre presentar o DNI ou o Pasaporte orixinal do solicitante (o Libro de Familia no caso demenores) e da persoa que autoriza o empadroamento na vivenda
No caso de menores de 18 anos cubrirase a solicitude coa sinatura do pai e a nai.
No caso de sentenza de divorcio, achegarase esta xunto coa sinatura do pai que teña a custodia, o DNI do menor ou o libro de familia en ausencia deste.
No caso de nados nos dous últimos anos acudirán directamente á sección de estatísticaco libro de familia sen cubrir previamente ningunha solicitude.

MODELOS



 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar