SOLICITUDE DE INFORME URBANÍSTICO
Documentación requirida

Solicitude consulta urbanística

Solicitante: Fotocopia do DNI no caso de persoas físicas. No caso de persoas xurídicas apersoa que asina a petición achegará documentación acreditativa da súarepresentación como unha fotocopia pública da escritura de constitución da sociedade, poder,etc
Plano de localización sobre cartografía oficial Din A-3, Escala 1/2000 no que se reflicte a posición exacta da parcela.

COMUNICACION PREVIA PARA O EXERCICIO DE ACTOS DE USO DO SOLO E DO SUBSOLO NON SUXEITOS A LICENCIA MUNICIPAL

Este tipo de comunicacións abarcan en principio obras como:

Obras de conservación/mantemento/acondicionamento de vivenda unifamiliar tales como:

  • Reparación e substitución de elementos auxiliares da cuberta (canlóns, baixantes e varandas)
  • limpeza e pintado de fachadas
  • cambio de Carpintería exerior, persianas, varandas ou similares
  • substitucións de instalacións privativas de vivenda (auga, gas, electricidade, desaugadoiros ou similar)
  • novas instalacións non encastadas en elementos estruturais (vigas, piares, paredes mestras, etc)
  • obras en paredes, solos e falsos teitos
  • Reformas en cocinas ou baños que non modifiquen as divisións interiores
  • Reparación de Cuberta/cambio de tella
  • Muros non de contención
  • Peches e valados diáfanos
  • Pavimentacións
  • Enganche á rede de sumidoiros

Modelo de solicitude e documentación necesaria
  • Memoria descritiva das obras
  • Dúas fotografías
  • Plano de situación na cartografía oficial
  • Croquis das obras
  • Autorizacións sectoriais que sexan de aplicación
  • Xustificante de pago das taxas por expedición de documentos administrativos

LICENZAS DE PARCELAMENTO
Documentación requirida
  1. Solicitude asinada polo propietario
  2. Memoria na que se explique con claridade o que se pretende, xustificandoo cumprimento urbanístico da actuación en base a ordenanza de aplicación.
    Se existe algunha edificación sobre a parcela indicar as súas características,en canto a alturas e superficie construída por planta.
  3. Plano de Situación Fotocopia dos planos das Normas a escala 1:5000, indicando a exacta ubicación da finca e clase de solo no que se encontre a finca a parcelar.
  4. Plano da finca actual indicando forma, dimensións e superficie da finca, con expresión dos propietarios dos predios estremeiros.Se existe algunha edificación sobre a parcela indicar a súa posición no terreo acotando as distancias ós camiños e lindeiros.
  5. Plano das fincas resultantes indicando forma, dimensións e superficie da finca, con expresión dos propietarios dos predios estremeiros. Se existe algunha edificación sobre a parcela indicar a súa posición no terreo con respecto á nova parcela acotando as distanciasós camiños e lindeiros.
  6. Xustificación da superficie da finca matriz. Fotocopia das escrituras ou certificación catastral.
  7. Estudio do Grao de Consolidación
  8. Xustificante de pago das taxas administrativas correspondentes por expedición de documentos. A documentación virá asinada poloTécnico competente e visada polo Colexio Oficial correspondente.

LICENZAS DE OBRA MAIOR

Documentación requirida
  1. Solicitude licenza obra maior
  2. Proxecto técnico básico e de execución
  3. Ficha Estatística de vivenda
  4. Oficio de arquitecto e de aparellador
  5. Xustificante de pago das taxas por expedición de documentos administrativos

LICENZAS DE PRIMEIRA OCUPACIÓN
Documentación requirida
  1. Solicitude de licenza de primeira ocupación
  2. Copia da solicitude de alta no catastro da vivenda
  3. Certificado de fin de obra asinado polo Técnico competente e visado polo Colexio Oficial correspondente.
  4. Xustificante de pago das taxas por expedición de documentos administrativos

SOLICITUDE DE PRORROGA DE LICENZA URBANÍSTICA
Documentación requirida
  1. Solicitude de prórroga de licenza de obra
  2. Copia da licenza de obra concedida no seu momento.

OUTROS MODELOS




 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar