A piscifactoría de Carballedo

A piscifactoría de Carballedo (Pontevedra) atópase ubicada na cabeceira do río Almofrei, tributario máis importante do río Lérez, recibe augas deste río e do regato Paraños. Este centro tivo unha importancia vital na consecución de reproductores autóctonos de salmón e troita común e no incremento de efectivos destinados á repoboación nos ríos máis importantes da provincia de Pontevedra, polo que merece a pena facer un repaso das actuacións levadas a cabo e os seus resultados.

1.- Antecedentes

A piscifactoría de Carballedo foi construida en 1961 polo entonces denominado Servizo Nacional de Caza e Pesca Fluvial, durante aproximadamente 30 anos este centro foi principalmente adicado á producción da troita común (de orixe centroeuropeo) e ocasionalmente para producción de xuvenís de salmón atlántico (a partir de ovos embrionados adquiridos no norte de Europa) en ámbolos casos para a repoboación dos ríos de Pontevedra.

No ano 1994 comenzouse a transformar a piscifactoría co obxetivo de modernizar a súa infraestructura orientándoa principalmente á cultivo de salmón. En 1995 ponse a punto por primeira vez en España a técnica denominada "Recuperación de zancados". As ventaxas de esta técnica radican na obtención dun número adicional de embrións de orixe salvaxe e a reducción da captura de reproductores para a producción en cautividade. Trala reproducción por 2ª vez en 1995 de 3 femias tras o seu primer desove en Carballedo, desováronse máis de 500 femias de salmón, delas casi o 60% eran zancadas recuperadas. A supervivencia neste centro de femias ata o 2º desove ronda o 70%, un 50% sobrevive ata o 3º e un 20 ata o 4º.


No ano 2003, tras 6 anos de cultivo de salmón con elevada supervivencia e o comenzo do retorno de peixes marcados xunto a un incremento das poboacións de salmón nos ríos de Pontevedra, elabórase un proxecto de ampliación e modernización da piscifactoría de Carballedo que executouse durante os anos 2004 e 2005. Mediante esta obra multiplicouse a capacidade de producción por 2,5, construiuse unha nova unidade de incubación e alevinaxe con dobre sistema de recirculación con temperatura controlada e filtración a 40 µ, unha nova unidade de xuvenís que conleva unha reordenación do cultivo en 3 unidades claramente diferenciadas (Incubación-Alevinaxe, Xuvenís e Reproductores).

2.- Situación actual

Na actualidade a piscifactoría de Carballedo constitúe unha parte fundamental dos traballos de conservación do salmón Atlántico en Pontevedra. Dende 1997, ano en que as repoboacións de salmón comezáronse a realizar masivamente, todos os salmones soltados dende Carballedo van marcados, esto unido a labor realizada tanto nas estacións de control de peixes migratorios de Ximonde (río Ulla), Bora (río Lérez) e a Freixa (río Tea), como mediante o control das pesquerías nos ríos Ulla, Lérez e Miño, os inventarios piscícolas que anualmente realízanse nestos ríos e a colaboración con organismos extranxeiros e nacionais para a comunicación de recapturas fóra da nosa comunidade, permítenos realizar un adecuado seguemento do efecto destas repoboacións sobre as poboacións de salmón. Tamén realízanse diversas colaboracións con distintas universidades españolas en materias diversas: coa Universidade de Vigo trabállase en aspectos de xenética de salmónidos coa participación conxunta desta institución e a DXCN dende fai anos en diversos proxectos de investigación, coa Universidade de Santiago trabállase mediante un convenio no análise microbiolóxico das poblacións salvaxes de peixes e coa Universidade de León iniciouse unha colaboración para a posta a punto de técnicas de conservación de esperma de salmónidos. Asimesmo asínase un convenio de colaboración entre a DXCN e a Universidade de Santiago a través do seu Laboratorio de Hidrobioloxía para integrar as instalacións de captura de peixes migratorios do río Ulla na rede de estudio destos peixes a nivel europeo, o que supón un recoñecemento do traballo realizado durante 15 anos no seguemento da evolución das poblacións destes peixes.


A producción de salmón na piscifactoría de Carballedo nos últimos 16 anos, casi alcanza os 3 millóns de xuvenís (ver tabla 1), en 2012 soltáronse algo máis de 260 mil xuvenís en distintas fases, a partir de máis de 60 reproductoras estabuladas. Cabe tamén destacar a notable supervivencia do ovo a xuvenil de repoboación obtida, xa que tras uns primeiros anos de niveis máis baixos este parámetro nos últimos anos ronda o 70%, a obtención desta supervivencia resulta fundamental de cara a xustificación do establecemento de programas de conservación ex situ.


Como se mencionou anteriormente, todos estos xuvenís de salmón son marcados co obxetivo de estudiar o efecto das soltas sobre as poblacións naturais, desta forma dende 2002 ata a data recapturáronse máis dun millar de adultos marcados, a maioría (85%) no río onde foron soltados, aínda que tamén producíronse recapturas nos ríos alonxados de Galicia como o Bidasoa o noutros máis cercanos como o Eo o Esva. Tamén obtivéronse recapturas de salmón no mar, varias delas nunha pesquería da costa oeste de Irlanda, dous na costa oeste de Groenlandia (a 4.000 Km de Galicia) e un no Mar de Noruega (ao noroeste de Islandia). Mención especial merece a captura feita por o Instituto de Investigacións Mariñas de Bergen (Noruega), dun exemplar que foi soltado no río Lérez o 2/04/2009 xunto a outros 12.000 esguines, cunha talla media de 14 cm e un peso medio de 35 g, a recaptura prodúxose o 19/07/2009, é dicir 3 meses e medio despois (108 días), cun peso de 196 g e unha lonxitude de 27,5 cm, este salmón capturouse tras percorrer 3.000 Km.


Toda a información recopilada indica cas repoblacións realizadas nos ríos de Pontevedra, tras o severo declive sufrido dende finais dos anos 80, contribuiron de maneira notable á recuperación do salmón que dende o ano 2000 detectáronse nestes ríos.

Táboa 1.- Repoboacións de Xuvenís de Salmón por Cuencas, procedentes da Piscifactoría de Carballedo (1997-20012)


Cohorte

Lérez

Baixo Miño

Ulla

Outros

Total

1997

8.021

-

20.785

-

28.806

1998

13.690

-

20.109

2.500

36.299

1999

22.768

7.063

26.532

-

56.363

2000

66.362

14.474

56.210

-

137.046

2001

31.513

59.595

54.925

-

146.033

2002

78.717

76.763

146.582

-

302.062

2003

154.677

17.116

68.875

-

240.668

2004

44.595

24.120

28.860

5.573

103.148

2005

60.634

13.788

32.895

-

107.317

2006

143.350

16.082

45.854

-

205.286

2007

22.911

-

-

5.363

28.274

2008

69139

71158

126335

-

266.632

2009

121794

22101

132131

-

276.026

2010

154677

42414

68875

1500

267.466

2011

137209

14610

124275

-

276.094

2012

96909

59279

101370

-

257.558

Total

1.226.966

438.563

1.054.613

14.936

2.735.078


3.- Perspectivas de futuro

Trala consolidación de Carballedo como un moderno centro de cría de salmón atlántico integrado dentro dos traballos de conservación desta especie no seu límite sur de distribución en Europa, cabe consolidar o establecemento das líneas de cultivo da troita autóctona de diferentes zonas da provincia e continuar co estudio de viabilidade das repoblacións con reo. Asimesmo tamén se pretende consolidar o papel deste centro como banco de xenes vivos, mediante a labor realizada co mantemento de reproductores salvaxes mantidos nos anos repetidos xunto coa posta a punto de técnicas de preservación de gametos.

Durante o 2012 puséronse en funcionamento 2 novas estacións de captura unha no río Ulla (presa de Ollares) e outra na presa de Frieira (río Miño). Tamén recibíronse 5 femias do río Tambre, polo tanto cóntase con 2 stocks novos de salmón en Carballedo: o stock de Tambre con 26880 ollos verdes e o stock do Miño con 66.000.

Para poder concertar visitas deberán poñerse en contacto previamente con:

Pablo Caballero Javierre Victor M. Rial Moreira
Sección de Biodiversidade Piscifactoria de Carballedo
Servizo de Conservación da Natureza A Chan- Carballedo
Rúa Fernández Ladreda 43, 2º 36856- COTOBADE
36071 PONTEVEDRA FAX -TELFONO: 986 76 01 79
FAX: 986 80 54 36
TELÉFONO: 986 80 54 37



 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar