Benestar en Balnearios 2017
O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que por parte da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, abríuse o prazo para a presentación das SOLICITUDES DE PRAZAS DE BALNEARIOS DO PROGRAMA "BENESTAR EN BALNEARIOS 2017”

 

Os requisitos para acceder a este programa son:

 

                1.- SER MAIOR DE 60 ANOS OU PENSIONISTAS MAIOR DE 55.

                2.- RESIDIR NA COMUNIDADE AUTÓNOMA.

                3.- NON PADECER TRASTORNOS MENTAIS GRAVES NIN ENFERMIDADE INFECTO-CONTAXIOSA.

                4.- PODER VALERSE POR SI MESMO PARA AS ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA.

5.- PRECISAR OS TRATAMENTOS BALNEOTERÁPICOS SOLICITADOS E CARECER DE CONTRAINDICACIÓN MÉDICA

            Poderán ser beneficiarios os cónxuxes das persoas que cumpran os requisitos anteriores.

 

Balnearios ofertados con estancias de 10 días con tratamento termal, aloxamento e manutención: Acuña, Arnoia, Augas Santas, Baños de Brea, Baños de Molgas, Caldelas de Tui, O Carballiño, Carballo, Cuntis, Laias Caldaria, Lobios Caldaria, Rio Pambre, Termas Romanas e Guitiriz.

 

Prazo de presentación das solicitudes:  ata o 6 de abril do 2017

Para maior información poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais do Concello, onde se lles ampliará a información das datas, prezos e número de prazas existentes.



Ver novas relacionadas


 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar