O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza abriu o prazo para a presentación de solicitudes de AXUDAS EXTRAORDINARIAS A EMIGRANTES GALEGOS RETORNADOS PARA O ANO 2017.

OBXETIVOS:

Axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno a Comunidade Autónoma de Galicia, é decir, traslado de enxoval, gastos de viaxe de retorno e tradución e legalización de documentos.

REQUISITOS DE ACCESO:

  1. Galegos que teñan residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrumpidos anteriores á data do seu retorno a España.
  2. Ter traballado no exterior durante un periodo mínimo dun ano.
  3. Non ter transcorrido máis de dous do seu retorno a España e a publicación da resolución.
  4. Estar empadroado e ter residencia nun concello de Galicia.
  5. Carecer de rendas ou ingresos suficientes.

O prazo para a presentación das solicitudes remata o 31 de agosto de 2017. As solicitudes presentarase, xunto co resto da documentación na Secretaría Xeral de Emigración (rúa Basquiños nº 2, 15704 Santiago de Compostela) ou no Departamento de Servizos Sociais.

DOCUMENTACIÓN:

  1. DNI
  2. Libro de Familia
  3. Certificado de empadroamento
  4. Certificado de emigrante retornado expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno.
  5. Baixa conxular do solicitante expedido polo consulado dos países de procedencia.
  6. Certificación da vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  7. Xustificante acreditativo dos ingresos económicos e rendas de calqueira tipo.


 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar