VIAXES IMSERSO 2017
O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que o Instituto de Migracións e Servizos Sociais (IMSERSO), abriu o prazo de inscrición para reserva de viaxes destinados a Terceira Idade. Todos os interesados deberán presentar unha solicitude de vacacións 3º idade no departamento de Servizos sociais do Concello, antes do 5 de XUÑO.

Os requisitos para acceder a este viaxe son: 1. Ser pensionista de xubilación do Sistema Público Español de Pensións. 2. Ser pensionista de viudedade e ter 55 anos cumpridos. 3. Pensionistas por outros conceptos, ou perceptor de prestacións ou subsidios de desempleo, en todos os casos, con 60 anos cumpridos. 4. Ser titular ou beneficiario do sistema de Seguridade Social con 65 anos cumpridos. 
Poderán participar o conxuxe ou parella de feito sen necesidade de que reúna os requisitos da idade ou da pensión. Os destinos das viaxes son os seguintes:
ZONA COSTERA PENINSULAR: Andalucía, Cataluña, Comunidad Valenciana e Murcia 
ZONA COSTERA INSULAR: Canarias e Illas Baleares 
TURISMO INTERIOR: Coas seguintes actividades. • Circuitos Culturais • Turismo de Natureza • Viaxes a Capitais de Provincia • Viaxes ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla. 
Unha vez concedida a praza polo IMSERSO o interesado xestionará a praza ca axencia de viaxes correspondente. Para máis información contacte cos servizos sociais deste Concello. Teléfono 986760001. ext.2 


 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar