DEPOTERMAL 2017
O Concello de Cerdedo-Cotobade informa que se establece un convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación de Pontevedra para realizar O Programa Depotermal. A metodoloxía do programa pode ser de asistencia diaria e pasar cinco tardes, de luns a venres, gozando dos beneficios dun balneario de forma compatible coas tarefas e obrigas do día a día, con ida e volta no mesmo día. Ou facer noite en réxime de pernoita.
Os requisitos para acceder a este programa son:
1.- PERSOAS NACIDAS ANTES DE 1967, DEBERÁN ACREDITALO CO DNI. (No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1967 ou con posterioridade, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións, para o que se deberá achegar unha fotocopia do certificado correspondente. Ou ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, o que acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.)
2.-PENSIONISTA DA SEGURIDADE SOCIAL QUE ACHEGEN UNHA FOTOCOPIA DO CERTIFICADO DE PENSIONISTA.
3.- PERSOAS QUE PRECISEN UN RESPIRO FAMILIAR
Prazo de presentación das solicitudes: Do 2 ao 29 de xuño
Para maior información poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais do Concello.


 

Nº de resultados:
1
  • 1
Mostrar